Sinte a liberdade da patinaxe en liña

Aprende dende 0 a patinar en liña con confianza

Descubre o mundo da patinaxe en liña en Compostela.

Aprende a patinar en liña en familia, coñece xente cos mesmos intereses ca ti e practica un deporte novo para divirtirte.

Dámosche a benvida a Compostela Patina

Compostela Patina é unha escola de patinaxe en liña que nace co obxectivo de achegar este deporte a todos os públicos dende unha perspectiva lúdica e recreativa.

Queremos potenciar a patinaxe en liña por diversión e como medio alternativo de trasporte verde para a xente de Compostela.

Clases de Patinaxe para Todos os Niveis

Clases para FAMILIAS

Goza de clases en familia, coas que aprenderás a patinar mentres creas un espazo dedicado á diversión coas túas fillas e fillos.

Clases para CRIANZAS

Permite que as túas fillas e fillos aprendan xogando a patinaxe en liña. Farán exercicio, aprenderán valores a través do xogo e crearán amizades.

Clases para ADULTOS

Aprende técnicas de patinaxe en liña, dende as máis básicas que che permitirán gañar confianza nos patíns, ate técnicas que che permitirán ir de casa ao traballo patinando.

Escríbenos se tes dúbidas ou queres máis información 🙂

Pista de patinaxe da USC.

Santiago de Compostela

info@compostelapatina.com

Galiza sobre rodas

Scroll ao inicio