CURSOS INTENSIVOS
Os cursos intensivos están pensados para que che inicies na patinaxe, probes unha nova disciplina ou reforces técnicas que requiren dun pouco máis de práctica para que che sintas segura.
GRUPOS REDUCIDOS
Traballamos con grupos reducidos cun máximo de 10 persoas ou peques en iniciación.
MONITORES TITULADOS
Expertos patinadores e formados en diferentes disciplinas.
INTENSIVOS
Cursos de 3 días para que probes (e che enganches á patinaxe!).
SEGURIDADE
O uso de casco e proteccións é obrigatorio. O máis importante para nos é a túa seguridade, polo que non farás nada para o que non che vexamos preparada.
ADULTOS INICIACIÓN
NIVEL 0
Este curso está pensado para que lle perdas o medo á patinaxe. Comezaremos dende cero, aprendendo a erguer sobre os patins. Explicarémosche as medidas de seguridade e acompañarémosche para que podas patinar cara diante, xirar e frear ao rematar o curso.
NIVEL 1
É a continuación do nivel cero para seguir traballando as técnicas, aprenderás a patinar de costas e mellorarás o teu equilibrio, básico para patinar.
PEQUES INICIACIÓN
PRE-PATINAXE: 3-4 ANOS
Patinar ten que ser divertido, non frustrante, por iso deseñamos este curso pensado para os máis peques. Alternamos exercicios en zapatinas, cun patín e cos dous, para que poidan desarrollar o equilibrio, forza nas pernas e coordinación ao seu ritmo.
5-10 ANOS
O obxectivo deste curso é que aprendan a erguerse, patinar cara adiante, xirar e frear. Fomentamos a súa autonomía mostrandolles como vestirse elas sóas e á patinaxe favorece a seguridade nelas mesmas mostrandolles que son capaces de facer cousas difíciles. Aprenderán mediante xogos: faremos una pizza con conos, xogaremos ao zapatiño inglés e faremos un circuito de exploradores.
DISCIPLINAS
SLALOM
Esta é unha disciplina que se practica entre conos, moi técnica e moi divertida. Aprenderemos trucos ao ritmo da música. Para iniciarte, tan so precisas saber patinar cara delante, ter dominados os xiros e o freo.
ROLLERDANCE
Se che gusta bailar, esta é a túa disciplina. Aprenderás dende os pasos de baile máis básicos ata os recoñecidos internacionalmente a través de coreografías con temazos.
TECNIFICACIÓN DE FRENOS
Un curso pensado para que reforces pos teus freos tanto de frente como de costas: freo co taco, freo en cuña, freo en T, freo por pasos, freo en cuña de costas, powerslide, freo de emerxencia...
PENDENTES E DESCENSO
Neste curso practicarás a baixar pendentes e rampas para gañar confianza freando e poder patinar por onde queiras.
DERRAPES
Neste curso progresaremos o power slide, soul, acid e magic para que che inicies no mundo dos derrapes.
ROLLERBASKET
Baloncesto sobre ruedas. ¿Qué puede salir mal?