Compostela
Patina Aprende a patinar e
sinte a liberdade sobre rodas
Compostela Patina é unha escola de patinaxe que nace co obxectivo de achegar unha patinaxe urbana e enfocada no ocio en Santiago de Compostela. Queremos promover a patinaxe por diversión, como medio de transporte sostible para as compostelás e compostelans.
As nosas actividades
As escolas consisten nunha hora de patinaxe á semana de setembro a xuño.
Adultos: temos unha metodoloxía propia para desarrollar as habilidades necesarias para que podas facer o que queiras sobre rodas, traballamos unha técnica en cada clase para poder profundizar nela e alternamos clases en pista con saídas por rúa.
Peques: aprenden a patinar xogando, o máis importante para nos é que podan pasalo ben gozando deste deporte.
Familias: temos escolas para familias, nas que podes vir coas túas crianzas, aprender todas xuntas e ter unha actividade a través da cal vas poder conectar e xogar con elas.
Os cursos de iniciación para adultos están divididos en 3 niveis:
Nivel 0: aprenderás a erguer sobre os patíns, dar pasiños cara diante, xirar en A, frear en cuña e frear co taco do patín.
Nivel 1: repasaremos o nivel 0, iniciaremos a patinaxe de costas e traballaremos o equilibrio indispensable para patinar.
Nivel 2: veremos como facer o spin stop, frear en T e repasaremos todas as técnicas do nivel 0 e nivel 1 para poder baixar unha costa xirando e freando para facer a nosa primeira ruta.
Para peques atoparedes un curso de inicación para peques de 5 a 11 anos ou prepatinaxe para peques menores de 5 anos.
Facemos rutas en patíns por toda Galicia, algunhas serán exclusivas para o alumnado da escola e outras abertas a calquera patinadora que quera vir connosco.
Se xa patinas e che apetece probar disciplinas diferentes, temos tamén cursos específicos de slalom, rollerdance, tecnificacións de freos ou descenso.
Monitoras
As nosas monitoras están certificadas pola Federación Española de Patinaxe, contan con anos de experiencia e unha metodoloxía propia para que podas aprender con seguridade e paulatinamente.
Filosofía
Buscamos que aprendas a patinar por diversión, para coñecer xente, facer deporte, poder utilizar os patins como medio de transporte e descubrir unha nova paixón.
Non pretendemos que compitas, nin que sexas a póxima promesa da patinaxe se non queres. Queremos que avances ao teu propio ritmo e goces da patinaxe en liña.
Xestión
Podes recuperar as clases que faltes noutro grupo do teu nivel ou nivel inferior. Non cobramos matrícula nin hai permanencia, podes causar baixa avisando con 10 días de antelación.
Colaboradores
Por patinar coa escola terás un desconto, un servicio peronalizado de recomendación e asesoramiento na tenda In-Gravity.
Se patinas en Compostela Patina terás un desconto en Inercia, unha tenda especializada cun stock moi grande onde atoparás o que queiras.
Por patinar coa escola obterás un mes gratuito de adestramentos persoalizados a través da sua app. Preparan un plan de adestramento específicamente para ti orientado aos teus obxectivos e necesidades.