ESCOLAS DE PATINAXE EN LIÑA

As escolas de patinaxe consisten en clases de setembro a xuño. Cada semana traballamos unha técnica diferente e progresámola para que a aprendizaxe sexa paulatina e incremental. As clases teñen un enfoque lúdico, facemos exercicios técnicos pero tamén xogos, circuitos, traballo por parellas e descubrimos diferentes disciplinas para adentrarte no amplio mundo da patinaxe. 

PARA ADULTOS

Aprende técnicas de patinaxe en liña, desde as máis básicas como frear ata trucos e disciplinas. Niveis: básico, medio, avanzado e escola de slalom.

PARA FAMILIAS

Goza das clases en familia coas que aprenderás a patinar mentres creas un espazo dedicado a diversión coas túas crianzas. Temos nivel iniciaicón e básico / medio. 

PARA PEQUES

As túas crianzas aprenderán a patinar mentres xogan, traballarán valores de convivencia, faran amigos e desarrollarán ferramentas físicas como o equilibrio ou a coordinación. Dividimos aos peques por idades.

Xa está aberta a inscripción para as escolas da tempada 26/27 que comezan o 7 de setembro. Se xa patinaches algunha vez, podes inscribirte xa. Se o que buscas e iniciarte na patinaxe temos cursos de iniciación previos a poder entrar nas escolas de patinaxe, tanto para crianzas como para persoas adultas.

Ubicación

As clases habitualmente serán na  Cidade da Cultura, frente á biblioteca nacional nunha zona techada pero aberta. Se vai bo, mudaremos a ubicación ao campus sur ou diversos puntos da cidade. 

Funcionamiento clases

Hai meses con 2, 3, 4 o 5 días de clase, uns meses compénsanse con outros. Todos os grupos rematarán a tempada co mesmo número de días de clase. 

Recuperacións: se faltas, poderás recuperar a clase noutro grupo do teu mesmo nivel ou dun nivel inferior. 

Tarifas

A mensualidade é de 30€ ao mes, exceptuando para as escolas de slalom que é de 35€.

Sen matrícula e sen permanencia.  

Material

Necesitarás traer o teu material en boas condicións: patíns con freo, casco e proteccións

Se precisas recomendación, non dubides en escribirnos e axudarémosche. 

Calendario

Seguimos o calendario escolar. 

As clases comezan o 7 de setembro e rematan o 21 de xuño. Poderás descargarte o calendario aquí: 

Escríbenos e comentámosche os nosos horarios e dispoñibilidade.