Paixón polas rutas
As rutas son algo máis que patinar. Trátase de patinar en compañía, ver paisaxes nuevas, cidades, natureza, crear comunidade coutros patinadores.

Nivel mínimo
Para a túa seguridade e a seguridade so resto de patinadores, peatóns e ciclistas, é un requisito indispensable ter un nivel mínimo para poder inscribirse nas rutas.
Reservámonos o dereito a comunicarche, durante os primeiros metros da ruta, que non podes continuala se o teu nivel non é axeitado para a ruta.
Básico
Ruta de entre 8 e 10 kilómetros. É indispensable saber patinar cara diante e xirar con seguridade. É obrigatorio levar o freo de taco no patín e saber usalo. NON APTO para persoas que se inician na patinaxe e aínda non saben frenar ou xirar.
Intermedio
Rutas de entre 10 e 15 kilómetros. Ideales para persoas que xa levan un tempo patinando e teñen feito algo de urbano como subir e baixar bordillos, cruzar pasos de peatóns e saben patinar sobre diferentes superficies. Nestas rutas é probabel que haxa costas e pendentes nas que podemos axudarche pero é imprescindibel que saibas frear de maneira autónoma en recto e pendentes pouco pronunciadas.
Avanzado
Rutas superiores aos 15 kilómetros. Imprescindibel ter soltura, velocidade e fondo físico sobre os patíns e poder afrontar descensos, obstáculos e ter recursos para calquera situación que se presente.
Calendario de Próximos Eventos
Estes son os eventos e rutas que temos programadas:
RUTA BÁSICA – ILLA DE AROUSA
DOMINGO 25 de MaIo de 2025
Reserva esta data para a primeira ruta da tempada primavera-verán. Será unha ruta sinxela, sen pendentes.
Moito máis está por vir
PRÓXIMAMENTE
Quédache pendente desta seccion.