CURSO INICIACIÓN CRIANZAS – NOVEMBRO 2025
Aprende a frear, xirar y manexar os patíns con soltura.
Obxectivos do curso
Neste curso exclusivo para nenos, o teu fillo aprenderá a patinar desde cero, xunto con outros nenos. Co noso método de ensino, faralo de forma eficaz, segura e moi, moi divertida.
- Aprenderá as técnicas de patinaxe básica: patinar cara adiante, freos, xiros
- Autonomía para poñer as proteccións correctamente
- Posicións básica e de seguridade, como erguer e dar os primeiros pasiños sobre os patíns
- Descubrir a paixón pola patinaxe en liña a través de xogos, carreras e dinámicas moi divertidas
Datas
Venres 7, 14 e 21 de NOVEMBRO
3 horas de curso.
Se non pode vir algún día, escríbenos para ver a posibilidade de recuperación.
Horario
De 17h30 a 18h30
Comezamos a tempo. Lembra chegar 10 minutos antes para preparar todo o material. O primeiro día, non fai falla cambiar as crianzas antes da clase, faremos un xogo para que aprendan a poñer as proteccións e os patins.
Nivel Mínimo e prazas
Orientado a alumnos que:
- Teñen entre 5 e 11 anos.
- Nunca patinaron ou saben moi poquiño.
- Crianzas que queren probar un novo deporte
Hai un máximo de 10 prazas e un mínimo de 4. A asignación de prazas faise por data de inscripción no formulario.
Precio y forma de pago
33€ por persoa.
A pagar o primeiro día do curso en efectivo.
Material necesario
- Patíns
- Casco e todas as proteccions obrigatorias
Ubicación
A ubicación pode variar segundo o tempo que faga.
E despois deste curso?
- Se o alumno supera con éxito este curso de iniciación, poderá continuar a súa formación nas aulas escolares anuais de nivel básico para crianzas.
- Curso anual de clases semanais (de outubro a xuño). A mellor opción para ser constante na súa aprendizaxe, en clases grupais divertidas e dinámicas onde as crianzas gozarán do deporte como nunca antes, de forma divertida e segura.
- Cotas mensuais accesibles. Posibilidade de recuperar clases, cambios de grupo e retirada en calquera momento da tempada.