CURSO INICIACIÓN NIVEL 0 – LUNS NOVEMBRO 2025
Aprende dende 0 a patinar, frear e xirar
Obxectivos do curso
Con este curso aprenderás dende 0 a patinar. Non precisas saber nin poñer as proteccións. Co noso método en 3 horas de curso poderás empezar a patinar pola tua conta sabendo:
- Erguer sobre os patins autónomamente con seguridade
- Dar os primeiros xiros:, A, por pasos, etc.
- Facer os primeiros freos: pasos, cuña, taco, etc.
- O divertido que é patinar en compañía, aprendendo e pasándoo ben
Datas
Luns 10, 17 e 24 de NOVEMBRO
3 horas de curso.
Se non podes vir algún día, escríbenos para ver a posibilidade de recuperación.
Horario
De 19h a 20h.
Comezamos a tempo. Lembra chegar 10 minutos antes para poñer todo o material.
Nivel Mínimo e prazas
Orientado a alumnos que:
- En xeral, nunca teñen patinado
- Ou saben moi pouco e queren asentar as bases
- Curso dirixido a persoas adultas (mínimo 12 anos).
Hai un máximo de 10 prazas e un mínimo de 4. A prioridade faise por data de inscripción no formulario.
Precio e forma de pago
33€ por persoa.
A pagar o primeiro día do curso en efectivo.
Material necesario
- Patíns
- Casco obrigatorio
- Proteccións moi recomendables (xeonlleiras, cobadeiras, protectores de pulso)
Ubicación
E despois deste curso?
- Se o alumno supera con éxito este curso de iniciación, poderá continuar a súa formación co curso iniciación nivel 1 este verán ou nas escolas anuais de nivel básico para adultos a partir de setembro.
- Curso anual de clases semanais (de outubro a xuño). A mellor opción para ser constante na túa aprendizaxe, en clases grupais divertidas e dinámicas onde gozarás do deporte como nunca antes, de forma eficaz e segura.
- Cotas mensuais accesibles. Posibilidade de recuperar clases, cambios de grupo e retirada en calquera momento da tempada.