CURSO INICIACIÓN SLALOM
Descubre unha nova disciplina apaixonante.
Obxectivos do curso
Con este curso descubrirás unha nova disciplina, moi técnica e moi divertida. So precisas saber patinar cara diante, ter dominados os xiros e a freada. No curso veremos:
- En qué consiste o slalom, tipo de filas, cómo funciona a competición, etc
- Primeiros pasos de slalom: fish, tip tap, gusano, nelson gusano, cruzado, etc.
- Cómo introducir os pasos ao ritmo da música
Datas
Xoves 13, 20 e 27 de NOVEMBRO
3 horas de curso.
Se non podes vir algún día, escríbenos para ver a posibilidade de recuperación.
Horario
De 19h30 a 20h30
Comezamos a tempo. Lembra chegar 10 minutos antes para poñer todo o material.
Nivel Mínimo e prazas
Orientado a alumnos que:
- Saben patinar cara diante
- Controlan os xiros e os freos
- Curso dirixido a persoas adultas (mínimo 12 anos).
Hai un máximo de 10 prazas e un mínimo de 4. A asignación de prazas faise por data de inscripción no formulario.
Precio e forma de pago
33€ por persoa.
A pagar o primeiro día do curso en efectivo ou bizum.
Material necesario
- Patíns
- Casco obrigatorio
- Proteccións moi recomendables (xeonlleiras, cobadeiras, protectores de pulso)
Ubicación
E despois deste curso?
- Se o alumno supera con éxito este curso de iniciación, poderá continuar a súa formación co seguinte curso de slalom no que melloraremos os pasos que xa coñece e aprenderá pasos novos.