Cursos Intensivos de Patinaxe
CURSOS INICIACIÓN ADULTOS
Nunca puxeches os patíns? Resúltache difícil quedarte de pé? Non sabes frear de ningún xeito?
¡ESTES SON OS TEUS CURSOS! Con eles aprenderás a base fundamental da patinaxe.
NIVEL 0: non precisas saber nada de nada, aprenderás a erguerte, avanzar cara diante, xirar e frear.
NIVEL 1: é a continuación do curso de nivel cero para seguir traballando nas técnicas, aprender a patinar de costas e mellorar o teu equilibrio.
CURSOS DISCIPLINAS
Se sabes patinar cara diante, xirar e frear e tes nocións de patinaxe de costas, podes apuntarche a calquera destes cursos de disciplinas.
SLALOM: con este curso descubrirás unha nova disciplina, moi técnica e moi divertida. So precisas saber patinar cara diante, ter dominados os xiros e a freada.
ROLLERDANCE: neste curso aprenderás os pasos básicos de rollerdances e meterémolos en música, precisas saber patinar cara diante e ter nocións de patinaxe de costas.
ROLLERFIT: adestra sobre os patíns. Adestramento HIIT usando o deslizamento dos patíns. É imprescindíbel ter control de guías, patinar cara diante e de costas.
CUESTAS: neste curso practicarás as baixadas por rampas e costas para gañar confianza freando en pendentes e baixándoas.
CURSOS PEQUES
INICIACIÓN: é o curso ideal para que as túas crianzas se inicien e gañen confianza na patinaxe. Non precisan saber nada.
TECNIFICACIÓN: este curso vai dirixido a crianzas que estiveron nas escolas de patinaxe este curso, superaron con éxito un curso de iniciación ou que xa saben patinar.
CURSOS REFORZO PARA ADULTOS
Estes cursos van dirixidos a persoas que xa saben patinar.
REFORZO DE BÁSICO: este é o teu curso se fixeches esta tempada unha escola para adultos nivel básico ou se fixeches un curso de nivel 1.
INTRODUCCIÓN A MEDIO: este é o teu curso se xa fixeches un reforzo de básico e a túa monitora comentouche que podes inscribirte.
TECNIFICACIÓN DE FREOS E PATINAXE DE COSTAS: estes son os teus cursos se querers gañar confianza nestas técnicas e correccións das túas monitoras.
TECNIFICACIÓN DE SALTOS: se aínda sinteste insegura cos saltos, este é o teu curso para mellorar e ter un reto por diante.
Descobre a maxia da patinaxe connosco
Descubre o pracer de patinar en Compostela Patina. Clases para todas as idades e niveis. Acompáñanos e disfruta de patinar nun ambiente familiar!