Escolas de patinaxe para todos os niveis

PARA FAMILIAS
A familia que aprende unida, permanece unida.
Goza de clases en familia, coas que aprenderás a patinar mentres creas un espazo dedicado á diversión coas túas fillas e fillos.
Temos diferentes niveis:
- Curso intensivo de iniciación (3h o curso)
- Escola de básico – medio

PARA PEQUES
Permite que as túas fillas e fillos aprendan xogando a patinar en liña. Farán exercicio, aprenderán valores a través do xogo e crearán amizades.
Temos diferentes niveis:
- Prepatinaxe: para peques de 3 a 5 anos
- Curso intensivo de iniciación (3h o curso) para crianzas de 5 a 11 anos
- Escola anual de patinaxe para crianzas de 5 a 7 anos
- Escola anual de patinaxe para crianzas de 8 a 11 anos

PARA ADULTOS
Aprende técnicas de patinaxe en liña, dende as máis básicas que che permitirán gañar confianza nos patíns, ata técnicas que che permitirán ir de casa ao traballo patinando.
Temos diferentes niveis:
- Curso intensivo de iniciación (3h o curso): nivel 0 e nivel 1
- Escola de básico
- Escola de medio
- Escola de avanzado
Tamén ofertamos cursos intensivos de disciplinas ou tecnificacións.
Hora / día | MARTES | XOVES | SÁBADO |
---|---|---|---|
12h-13h | 4 prazas dispoñibles – Crianzas 5-10 anos | ||
17h-18h | Crianzas 8-11 anos | ||
18h-19h | Crianzas 8-11 anos (18h15-19h15) | 2 prazas dispoñibles – Crianzas 5-7 anos |
Para formalizar a inscripción tes que facer click no grupo no que te queres inscribir e encher o formulario.
MARTES | XOVES | SÁBADO | |
---|---|---|---|
11h-12h | 5 prazas dispoñibles – Adultos medio | ||
19h30-20h30 | COMPLETA – Adultos básico | ||
20h30-21h30 | COMPLETA – Adultas medio | 4 prazas dispoñibles – Adultos básico |
Para formalizar a inscripción tes que facer click no grupo no que te queres inscribir e encher o formulario.
Hora / día | VENRES | SÁBADO | |
---|---|---|---|
13h-14h | COMPLETA – Familias básico-medio | ||
18h30-19h30 | NOVO GRUPO – Familias iniciación – Inicio en outubro |
Para formalizar a inscripción tes que facer click no grupo no que te queres inscribir e encher o formulario.
Ubicación das clases
Cando chove, impartimos as clases nunha zona techada na Cidade da Cultura. Se vai bo tempo, movemos as clases no Campus sur, na pista de patinaxe da USC.
Material necesario
- Patíns
- Casco obrigatorio
- Proteccións obrigatorias para crianzas e moi recomendables para persoas adultas (xeondeiras, codeiras, protectores de pulso)
- Botella de auga
Calendario e funcionamiento
A mensualidade custa 30€ por persoa.
Aseguramos 3 clases ao mes, se algún mes so hai 2 clases, a mensualidade custará a meitade.
Se faltas a algunha clase, poderás recuperala noutro grupo do teu nivel nos seguintes 3 meses sempre e cando haxa prazas neste grupo. Sempre reservamos duas prazas para recuperacións. So tes que escribirnos con 24h de antelación para recuperar.
Os festivos non se recuperan.
Nivel mínimo
Para poder entrar en escolas precisas saber erguerte, patinar cara diante, xirar e frear. Se aínda non sabes ou é a túa primeira vez en patíns terás que facer un curso de iniciación á patinaxe.