Ruta Pontevedra

Presentámosvos a primeira ruta da tempada. Consiste nuns 10 kilómetros, ida e volta, e 5 kms extras por se alguén quere máis.

Esta ruta é apta para adultos e crianzas maiores de 8 anos acompañados por unha persoa adulta que teña o nivel mínimo de patinaxe requerido.

Quen se anime, imos quedar a tomar algo en Pontevedra, un bo vermut de domingo.

Data e horario

Domingo 22 de marzo

Hora de quedada: 10h15

Hora de salida: 10h30

Nivel mínimo

Imprescindible saber:

  • Frear co taco
  • Patinar con seguridade cara diante
  • Xirar

Reservámonos o dereito de comunicarche ao inicio da ruta que non podes seguir nela no caso de que o teu nivel non se adecúe ao que se precisa para facer a ruta.

Material

  • Patins
  • Casco obrigatorio
  • Proteccións altamente recomendables (xeonlleiras, cobadeiras e proteccións de pulso)

Precio e capacidade

A ruta é GRATUITA.

O máximo de participantes nesta ruta vai ser de 20 persoas.

Se non podes vir despois de facer a inscripción, escríbenos con tempo. Estarás privando a algunha compañeira de vir se non o fas.

Ubicación

Descobre a maxia da patinaxe connosco

Descubre o pracer de patinar en Compostela Patina. Clases para todas as idades e niveis. Acompáñanos e disfruta de patinar nun ambiente familiar!

Galiza sobre rodas

Scroll ao inicio