ADULTOS INICIACIÓN 0
9, 16 e 23 de setembro de 19h30 a 20h30
Neste curso de iniciación comezaremos dende cero. Aprenderás a erguerte con seguridade sobre os patíns, dar os teus primeiros pasos, deslizar cara diante, facer limóns, xirar e frear co taco e en cuña.
O obxectivo deste curso e que aprendas o máis básico acompañada e cunha progresión que che dea seguridade para seguir patinando.
Este curso está pensado par as que:
- nunca patinaran e precisan comezar dende 0
- queren aprender a frear con seguridade
- non se sinten seguras collendo os patíns pola súa conta
- queren coller unha boa base técnica
Para inscribirte tes que encher o formulario de inscripción e facer o pago do curso para poder ter a praza reservada.