
Preguntas frecuentes e contacto
Movemento e diversión.
Preciso saber patinar?
Todas as persoas son benvidas! Podes aprender desde cero se non tes patíns antes ou xa tes certo nivel.
Onde se imparten as clases?
Actualmente as clases realízanse ao aire libre, na pista de patinaxe da USC. Estamos traballando na procura de opcións de pavillóns ou lugares pechados para poder impartir o 100% das clases tanto no inverno como no verán nas mellores condicións.
Que tipos de patinaxe se ofrecen?
En Compostela Patina centrámonos na aprendizaxe da patinaxe en liña, tanto para persoas adultas, como para mozas e para crianzas. Podes aprender a patinar dende cero, a desenvolver a túa técnica con cursos específicos (slalom, derrapes, urbano, hóckey, etc.).
Que material preciso?
Necesitarás ter uns patíns da túa talla e un casco. Este último é obrigatorio pola túa propia seguridade. As rodilleras, cóbadas e protectores de pulso tamén son obrigatorios para nenos e nenas e moi recomendables para adultos, sobre todo nas iniciacións.
Cal é a duración das sesións?
A duración das nosas sesións é principalmente de 1 hora. Temos algúns cursos cuxa duración é máis longa e polo tanto as sesións son máis longas. Tedes toda a información na descrición de cada curso no apartado de clases e prezos.
Que pasa se chove?
Se hai previsión de chuvia, cancelaremos a clase cun mínimo de 45 minutos de antelación. Haberá a posibilidade de recuperar esta clase noutro momento ou descontarase o seu prezo do pago do mes seguinte.
Este negocio está subvencionado?
Si, este negocio ten unha subvención de novas oportunidades.

Non dubides en escribirnos para preguntas e reservas 🙂
Pista de patinaxe USC
Santiago de Compostela
info@compostelapatina.com