Os nosos valores e filosofía

Diversión, seguridad e mobilidade sostible

Dámosche a benvida a Compostela Patina

Somos a primeira escola de patinaxe en liña de Santiago de Compostela con enfoque lúdico. As instrutoras apaixonadas e experimentadas ensinaranche a patinar mentres te divirtes e coñeces xente.

Cremos firmemente na patinaxe en liña como:

  • un deporte inclusivo:
    • para todas as idades, condicións físicas e vitais.
  • fonte de felicidade:
    • Practicar deporte mellora o benestar físico e psicolóxico
  • xerador comunitario:
    • sempre terás alguén que che dea un paseo
  • ferramenta para inculcar valores as crianzas:
    • confraternidade
    • autonomía
    • competencia saudable
    • aprender a gañar e perder
    • esforzarse por acadar os obxectivos

Como non aprender a patinar con todo isto?

Pois espera, contarémosche máis sobre os nosos valores!

Seguridade

Sabemos que é unha dor, pero o casco é obrigatorio e o resto de proteccións moi recomendables. Non hai diversión se non hai seguridade.

Diversión

Se hai diversión, sempre hai aprendizaxe. Queremos que o pasedes ben e para iso organizamos xogos, saídas, rutas e actividades diversas.

Mobilidade sostible

Que tema! Imaxinas poder ir traballar patinando? Compostela Patina axudarache a facelo realidade. Levará menos tempo e chegarás cun impulso de enerxía.

Descobre a maxia da patinaxe connosco

Descubre o pracer de patinar en Compostela Patina. Clases para todas as idades e niveis. Acompáñanos e disfruta de patinar nun ambiente familiar!

Galiza sobre rodas

Scroll ao inicio