CURSO INICIACIÓN FAMILIAS – XUÑO 2026
Aprende a frear, xirar y manexar os patíns con soltura.
Obxectivos do curso
Este curso é exclusivo familias, é dicir que todo menor ten que ir acompañado dunha persoa adulta responsable e que ningún adulto se pode inscribir sen o seu peque. Aprenderedes a patinar desde cero, xunto con outras familias. Co noso método de ensino, aprenderedes de forma eficaz, segura e moi, moi divertida. As clases están adaptadas ás peques, polo que as explicacións son menos técnicas e as clases constan de máis xogos.
- Aprenderedes as técnicas de patinaxe básica: patinar cara adiante, freos, xiros
- Autonomía para poñer as proteccións correctamente
- Posicións básica e de seguridade, como erguer e dar os primeiros pasiños sobre os patíns
- Descubrir a paixón pola patinaxe en liña a través de xogos, carreiras e dinámicas moi divertidas
Datas
Venres 5, 12 e 19 de XUÑO
3 horas de curso.
Se non pode vir algún día, escríbenos para ver a posibilidade de recuperación.
Horario
De 17h30 a 18h30
Comezamos a tempo. Lembra chegar 10 minutos antes para preparar todo o material. O primeiro día, non fai falla cambiar as crianzas antes da clase, faremos un xogo para que aprendan a poñer as proteccións e os patins.
Nivel Mínimo e prazas
Orientado a familias que:
- Teñen crianzas de entre 5 e 11 anos.
- Nunca patinaron ou saben moi poquiño.
- Familias que queren probar un novo deporte xuntas
Hai un máximo de 10 prazas e un mínimo de 4. A asignación de prazas faise por data de inscripción no formulario.
Precio y forma de pago
33€ por persoa.
Para a reserva da praza requirese facer o pago completo por transferencia bancaria. Non se fan devolucións. Pódeste cambiar a outro curso se avisas con 72 horas de antelación.
Conta: ES34 2100 0997 6802 0116 5135
Destinatario: Helena Gascón Coloma
Concepto: NOME COMPLETO DA ALUMNA + FAM
Material necesario
- Patíns
- Casco e todas as proteccions obrigatorias
Ubicación
A ubicación pode variar segundo o tempo que faga.
E despois deste curso?
- Se o alumnado supera con éxito este curso de iniciación, poderá continuar a súa formación nas aulas escolares anuais para familias.
- Curso anual de clases semanais (de setembro a xuño). A mellor opción para ser constante na vosa aprendizaxe, en clases grupais divertidas e dinámicas onde as crianzas gozarán do deporte como nunca antes en familia, de forma segura.
- Cotas mensuais accesibles. Posibilidade de recuperar clases, cambios de grupo e retirada en calquera momento da tempada.
