INTRODUCCIÓN A MEDIO
Date caña e iníciate nas técnicas de patinaxe máis complexas.
Obxectivos do curso
Con este curso podes darte caña e poñerche a proba comezando a ver técnicas de patinaxe nivel medio. Veremos:
- Perfeccionamiento na técnica de patinaxe:
- Equlibrio e 5 rodas
- Xiros: Xiro en A, paralelo e antiparalelo
- Freos: cuña de frente, freo co taco
- De costas: patinaxe e cuña
- Moito deporte, diversión e bo ambiente.
Datas
Martes 8 e xoves 10 de xullo
3 horas de curso.
Se non podes vir algún día, escríbenos para ver a posibilidade de recuperación.
Horario
De 19h30 a 21h
Comezamos a tempo. Lembra chegar 10 minutos antes para poñer todo o material.
Nivel Mínimo e prazas
Orientado a alumnos que:
- En xeral, saben patinar cara adiante , xiros, freos e patinar de costas
- Ou ter completado con éxito o curso de reforzo de básico.
- Ou están en escolas de nivel básico e queren seguir avanzando
- Curso dirixido a persoas adultas (mínimo 12 anos).
Hai un máximo de 12 prazas e un mínimo de 4. A prioridade faise por data de inscripción no formulario.
Precio e forma de pago
28€ por persoa.
A pagar o primeiro día do curso en efectivo.
Material necesario
- Patíns
- Casco obrigatorio
- Proteccións moi recomendables (xeonlleiras, cobadeiras, protectores de pulso)
Ubicación
E despois deste curso?
- Se o alumno supera con éxito este curso, poderá continuar a súa formación nas aulas escolares anuais de nivel básico para adultos a partir de setembro ou un curso de reforzo de básico en xullo ou agosto.
- Curso anual de clases semanais (de outubro a xuño). A mellor opción para ser constante na túa aprendizaxe, en clases grupais divertidas e dinámicas onde gozarás do deporte como nunca antes, de forma eficaz e segura.
- Cotas mensuais accesibles. Posibilidade de recuperar clases, cambios de grupo e retirada en calquera momento da tempada.
