Ruta Vilagarcía de Arousa
Dúas opcións nesta ruta: iniciación ou básico-medio. A veira do mar, polo paseo.
Esta ruta realmente son dous rutas nunha:
Ruta 1:
- 5 kms polo paseo, moi sinxela e apta para todo o mundo, con pouca experiencia na patinaxe.
- Crianzas, familias e adultas que se estan iniciando son máis que benvidas.
- Hora de quedada: 9h30
- Hora de salida: 9h45
Ruta 2:
- 12 km dende O Carril ata Vilaxoán.
- Esta ruta presenta máis retos, cruces, obstáculos como vías de tranvía, bordillos e algunha pequena cuesta moi asequible.
- Adultas con certa autonomía, que saiban patinar cara diante, xirar e teñan nocións de freo.
- Hora de quedada: 11h
- Hora de salida: 11h15
Data e horario
Sábado 4 de xullo
Nivel mínimo
Imprescindible saber:
- Frear co taco
- Patinar con seguridade cara diante
- Xirar
Reservámonos o dereito de comunicarche ao inicio da ruta que non podes seguir nela no caso de que o teu nivel non se adecúe ao que se precisa para facer a ruta.
Material
- Patins
- Casco obrigatorio
- Proteccións altamente recomendables (xeonlleiras, cobadeiras e proteccións de pulso)
Precio e capacidade
A ruta é GRATUITA.
O máximo de participantes nesta ruta vai ser de 25 persoas.
Se non podes vir despois de facer a inscripción, escríbenos con tempo. Estarás privando a algunha compañeira de vir se non o fas.
