PEQUES INICIACIÓN
9, 16 e 23 de setembro de 18h30 a 19h30 

Neste curso de iniciación os teus pequesterán o seu primeiro contacto coa patinaxe. Aprenderán a poñer as proteccións, erguerse sobre os patíns, dar os primeiros pasos, xirar e frear.

Para inscribir a túas peques tes que encher o formulario de inscripción e facer o pago do curso para poder ter a praza reservada. 

Non precisan saber nada! Neste curso aprenderán dende 0.

Comezamos presentándonos e aprendendo a poñer todas as proteccións (precisarán algo de axuda das nais e pais).

Comezaremos cun so patín probando a erguer como o faremos despois cos dous, deslizarse e dar pasiños. Faremos un par de xogos para quentar cun so patín. 

Poremos o segundo patín e probaremos a erguer. O máis complicado o primeiro día é erguerse e manterse por elas mesmas. Unha vez isto conseguido, aprenderán a dar os primeiros pasiños e xiros. Faremos unha pizza de conos todas xuntas para que practiquen dar pasiños e traballar o deslizamiento. 

Remataremos a clase con estiramientos, que son obrigatorios (e moi divertidos). 

Se faltades a segunda ou terceira clase non habería problema, podedes recuperar a clase no seguinte curso de iniciación para peques no que queden prazas libres. 

Se non podedes acudir a primeira clase tendes dúas opcións:

  1. Agardar ao seguinte curso
  2. Facer unha clase particular (30€ a clase particular) antes do inicio do curso para que a túa crianza poida seguir o ritmo do curso e aprender a erguer con autonomía sobre os patíns antes do segundo día. 

Uns días antes do inicio do curso mandarémonos un correo cunha ligazon ao grupo de whastapp do curso. Informarémovos de todo por este grupo e mandarémovos as fotos que poidamos facer durante as clases.